Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos e a raíña Sofía asistirán ao funeral pola raíña Isabel II

O rei Xoán Carlos e a raíña Sofía asistirán ao funeral pola raíña Isabel II

De coincidir no funeral, sería a primeira imaxe de Filipe VI co seu pai desde que decidiu fixar a súa residencia permanente en Abu Dabi

G24.gal 12/09/2022 18:38 Última actualización 12/09/2022 19:57

O rei Xoán Carlos e a raíña Sofía asistirán ao funeral pola raíña Isabel II de Inglaterra que se celebrará o próximo 19 de setembro e ao que tamén asistirá o seu fillo, o rei Filipe VI, e a raíña Letizia, segundo confirmaron fontes da Casa Real.

A Zarzuela informou este luns de que a embaixada de España no Reino Unido recibira unha nota verbal do Ministerio de Asuntos Exteriores británico en que se convidaba ás exequias a Filipe VI e a raíña Letizia, así como o rei emérito e a súa esposa, a raíña Sofía.

Os reis Filipe e Letizia aceptaron de inmediato a invitación e só restaba que don Xoán Carlos e dona Sofía comunicasen á Casa do Rei "a súa decisión persoal" sobre a súa asistencia ás honras fúnebres.

De coincidir no funeral, sería a primeira imaxe xuntos de Filipe VI e do seu pai, o rei Xoán Carlos, desde que hai dous anos decidira fixar a súa residencia permanente en Abu Dabi.

A relación entre as dúas casas reais é moi estreita, xa que están unidas por lazos familiares, tanto por parte do rei Juan Carlos, que é parente de Isabel II, como por dona Sofía, vinculada familiarmente ao esposo da soberana británica, o duque de Edimburgo, falecido en 2021.

O vindeiro luns, na abadía de Westminster, congregarase unha importante representación de membros das casas reais de todo o mundo, así como relevantes dirixentes e líderes mundiais, como o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden.

A presenza simultánea nesta cerimonia de don Juan Carlos e o seu fillo, o rei Felipe, acaparará a atención despois do último encontro de ambos, o pasado mes de maio, tras unha visita a Galicia do anterior xefe do Estado para participar nunhas regatas.

Tras a competición, e antes de retornar a Abu Dabi, don Juan Carlos reuniuse durante once horas co seu pai no Palacio da Zarzuela, pero non se facilitaron imaxes nin información sobre este encontro privado.

Esa primeira visita a España do pai de don Filipe, tras case dous anos en Abu Dabi, estivo rodeada de grande expectación e tamén dunha polémica política alentada desde formacións da esquerda, que seguen reclamando explicacións a Juan Carlos I pola súa conduta cando reinaba respecto á cobranza dunhas supostas comisións por intermediar na construción de AVE á Meca.

A Fiscalía do Tribunal Supremo abriu tres investigacións pero foron arquivadas, o que deu pé ao rei emérito a expresar a súa intención de volver periodicamente a España.

De forma paralela, no Reino Unido ten pendente un procedemento impulsado pola súa antiga amiga Corinna Zu Sayn-Wittgengstein, que o demandou civilmente por suposto acoso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade