Cargando resultados...
O sector da conserva sae á rúa contra o preacordo do convenio colectivo en Boiro
Din que non quedan recollidas as súas reivindicacións en canto á equiparación salarial entre mulleres e homes
Rexeitan a cuarta quenda de fin de semana
0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume↑
Decrease Volume↓
Seek Forward→
Seek Backward←
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
G24.gal
19/02/2022 20:12
As traballadoras da conserva saíron a manifestarse en Boiro en contra do preacordo do convenio colectivo do sector que asinaron UXT e CIG coa patronal. Din que non quedan recollidas as súas reivindicacións en canto á equiparación salarial entre mulleres e homes.
As operarias, apoiadas por Comisións Obreiras, desmárcanse do acordo ao que se chegou o xoves. Na protesta rexeitaron a cuarta quenda de fin de semana e esixiron un convenio que lles permita a conciliación e que realmente garanta a equiparación salarial en todas as categorías.