Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade advirte que o cancro de colon afecta tres veces máis a homes ca a mulleres

Sanidade advirte que o cancro de colon afecta tres veces máis a homes ca a mulleres

O xefe de servizo de detección precoz de enfermidades anima a poboación de risco a participar nos programas de cribado

G24.gal 26/01/2025 09:30 Última actualización 26/01/2025 14:58

Sanidade chama a poboación, de entre 50 e 69 anos, a participar nos cribados de detección de cancro de colon. Tratáse do rango de idade máis afectado por esta enfermidade. 

O xefe de servizo de detección precoz de enfermidades da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Consellería de Sanidade, Ángel Gómez Amorín, asegurou nunha entrevista na Radio Galega que os últimos estudos constatan que os homes son tres veces máis propensos a desenvolver tumores no colon.

 "A taxa de participación das mulleres nos cribados e ata oito puntos porcentuais superior á dos homes, cando a incidencia do cancro de colon nos homes é case tres veces superior".

Ángel Gómez Amorín pon o foco na detección precoz deste tipo de tumores para que o prognóstico e o tratamento sexan exitosos.

"Unha detección a tempo fará que a abordaxe da enfermidade dea mellores resultados e que se alongue a taxa de supervivencia do paciente".

Un estudo publicado esta semana polo Sergas constatou que nos últimos dez anos se detectaron en Galicia case 3000 tumores colorrectais. Deles, o 65 % atopábanse aínda en estado inicial.

As invitacións a participar no cribado envíanse a través dun SMS e os pacientes reciben o material para recoller as mostras. Estas sométense a unha proba que detecta se hai rastros de sangue que poidan indicar problemas de colon que deban ser examinados.

A probas diagnóstica, ademais, é terapéutica. Os exames de colon, ademais de detectaren posibles tumores, permiten limpar zonas potencialmente irritadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar