Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os oncológos reclaman avances na cobertura pública do tests de biopsia líquida

Os oncológos reclaman avances na cobertura pública do tests de biopsia líquida

Desde un simposio en Santiago, fan chamamento para equiparar a cobertura dos tests á que teñen países como Francia ou Italia

Tras dez anos de investigación, esta técnica demostrou xa a súa eficacia na detección e tratamento de moitos tipos de cancro

G24.gal 23/01/2025 13:07

A conferencia maxistral do oncólogo italiano Alberto Bardelli abriu un simposio que se consolida como foro internacional sobre biopsia líquida. Pasaron xa dez anos, 500 relatores e 3.000 oncólogos desde aquel primeiro encontro que reuniu en Santiago de Compostela expertos de todo o mundo para o estudo dunha técnica que daquela era aínda moi incipiente.

Hoxe en Galicia, a biopsia dos fluídos corporais -sangue, saliva ou leite materno- úsase na abordaxe duns 500 pacientes ao ano, sobre todo no caso de tumores avanzados. Pero ten utilidade tamén na detección residual da enfermidade tras a operación e hai un campo aberto no estudo do seu uso para detección precoz. 

"É certo que en Santiago, pola nosa traxectoria e o laboratorio de investigación e toda a infraestrutura que temos, pois somos un centro que ten máis capacidade para detectar eses biomarcadores circulantes. Temos un laboratorio acreditado, que é un dos poucos acreditados a nivel estatal", subliñou Laura Muinelo, da Unidade de Análise de Biopsia Líquida ONCOMET do CHUS .

Pero os oncólogos piden que a cobertura dos tests sexa máis ampla, seguindo o modelo de países como Francia.

 "En Francia, que son os pioneiros en medicina de precisión, calquera oncólogo pode pedir unha análise de biopsia líquida para os pacientes con enfermidade avanzada, e todo se fai no Instituto Gustave Roussy de París", explicou Rafael López, o Presidente de ASEICA e xefe de Oncoloxía Médica do CHUS.

A biopsia líquida, unha técnica non invasiva, axuda os oncólogos a saber que alteracións aparecen nos tumores e seguir a súa evolución a través do tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade