Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas seis persoas relacionadas cun cento de roubos cometidos en Galicia e Asturias

Detidas seis persoas relacionadas cun cento de roubos cometidos en Galicia e Asturias

Catro dos arrestados ingresaron xa en prisión

Actuaban de noite, encapuchados e de forma violenta

G24.gal 23/01/2025 12:29

A Garda Civil detivo os seis supostos integrantes dun grupo criminal que as autoridades relacionan con máis dun centenar de roubos cometidos nos últimos meses nas provincias galegas da Coruña, Lugo e Pontevedra e en Asturias.

Catro dos arrestados ingresaron xa en prisión por orde do Xulgado de Instrución número 2 de Lalín (Pontevedra).

Os membros da banda actuaban encapuchados e de madrugada

A investigación comezou en novembro do pasado ano tras detectarse un aumento dos roubos con forza. Todos eles eran asaltos organizados en domicilios, establecementos comerciais de todo tipo, talleres de vehículos e centros de ensino, o que creou unha grande alarma social nos municipios afectados.

Os membros deste grupo actuaban sempre encapuchados e de madrugada. Forzaban de forma violenta as portas de acceso aos inmobles para apoderarse da recadación dos establecementos e dos obxectos de valor das vivendas. Para os seus desprazamentos, utilizaban vehículos roubados previamente.

Os detidos, segundo a Garda Civil, tiñan unha ampla experiencia neste tipo de roubos con forza e foran arrestados con anterioridade por feitos similares.

A Garda Civil desmantelou o grupo tras unha onda de roubos rexistrada na provincia de Lugo

Foi o pasado 15 de xaneiro cando, tras unha onda de roubos producidos nas localidades de Mondoñedo e Meira (Lugo). Os investigadores puideron identificar e deter aos integrantes desta banda, todos eles persoas de nacionalidade española.

Ademais, os axentes efectuaron catro rexistros domiciliarios na Coruña e outros dous en Carballo, onde lograron recuperar unha gran cantidade de obxectos subtraídos en diferentes establecementos e domicilios, valorados en máis de 120.000 euros.

Entre este material había mesmo ordenadores portátiles e lousas electrónicas que foran roubados en centros escolares.

Ao valor dos obxectos subtraídos hai que sumar os danos que todos estes roubos causaron sobre as propiedades afectadas e que, segundo a Garda Civil, aínda estar sen cuantificar.

Neste operativo policial participaron de maneira conxunta as unidades orgánicas da Policía Xudicial das comandancias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade