O servizo de entrega de bombonas a domicilio estuda paralizar o repartimento de forma indefinida
O servizo de entrega de bombonas a domicilio estuda paralizar o repartimento de forma indefinida
Os distribuidores ameazan cun paro pola falta de resposta do Goberno central ás súas reivindicacións
Piden a suba das comisións que cobran por cada bombona de butano que entregan
As axencias distribuidoras cobran unha comisión de tres euros por cada bombona entregada. O ano pasado a tarifa incrementouse 1 céntimo e cren que este ano a proposta do Ministerio de Transición Ecolóxica non superará os 30 céntimos.
O sector xa convocou oito xornadas de folga a final do ano pasado, ante a falta de solucións estuda unha nova convocatoria, desta vez un paro indefinido na repartición do butano.
Piden revisar as tarifas e unha suba das comisións ata catro euros con oitenta céntimos por envase.
Se non hai novidades, a paralización do repartimento de forma indefinida comezaría en febreiro e afectaría a entrega de máis de 150.000 bombonas de butano diarias das que dependen aproximadamente seis millóns de fogares en España.