O Sevilla remata co soño copeiro do Rácing (1-2)
O Sevilla remata co soño copeiro do Rácing (1-2)
A expulsión de Manzanara, autor do gol local, marcou o partido
Juanlu anotou o gol decisivo
O Rácing de Ferrol caeu derrotado na Copa por 1 a 2 fronte ao Sevilla, nun partido que competiu de ti a ti ata os derradeiros intres.
A primeira metade do partido comezou sen grandes ocasións, aínda que cun continuo dominio dos andaluces. Cumprido o primeiro cuarto de hora, un erro na saída dun córner a piques estivo de ser rematado por Sergio Ramos. Poucos minutos despois, unha caída de Pedrosa no área logo de roubarlle o esférico a Jon García non foi sinalado como penalti polo colexiado. Foi chegada a primeira media hora de partido, Marcao aproveitou un balón rexeitado tras un remate de Sergio Ramos para anotar o primeiro gol para o conxunta branco e vermello. Case dez minutos despois, Ocampos estrelou no traveseiro unha grande oportunidade de gol. Esa foi a derradeira ocasión antes de chegar ao intermedio.
No comezo da segunda parte, Manzanara igualou o partido tras rematar coa testa un saque dende o curruncho. Unha xogada moi polémica en que os xogadores sevillistas reclamaron fóra de xogo. O partido tranquilizouse ata que no minuto 75 Manzanara, autor do gol local, foi expulsado por dobre cartón amarelo nun salto con Juanlu. Na falta, Kike Salas topou co traveseiro, o segundo para os andaluces. Finalmente, no minuto 87, un centro paseou pola área ata chegar aos pés de Juanlu, que non perdoou e meteu o Sevilla na seguinte rolda, rematando así co soño copeiro do Rácing de Ferrol.
Cristóbal Parralo falou na conferencia de prensa sobre o partido... e sobre o estado do terreo de xogo:
"Competimos durante todo o partido. A xogada determinante é a expulsión de Fran, ao quedar cun menos diante dun equipo como o Sevilla".
"Estou un pouco cabreado polo estado do terreo de xogo, non era o campo que temos normalmente. Semellaba unha praia".