Cargando resultados...
O silledense Joselu Mato, presentado co Al Gharafa de Qatar
O silledense Joselu Mato, presentado co Al Gharafa de Qatar
Rematou unha exitosa campaña co Real Madrid e a selección española e comeza unha nova aventura
G24.gal
25/07/2024 12:36
O silledense Joselu Mato xa iniciou a nova aventura no fútbol de Catar. O ex-xogador do Real Madrid foi presentado co Al Gharafa, onde estará as vindeiras temporadas. Fundamental no éxito do equipo branco, sobre todo na Liga de Campións, o Real Madrid exerceu a opción de compra que tiña co Español e posibilitou a súa marcha cara ao país dos petrodólares.
Joselu cobrará 17 millóns de euros nun contrato que o une para as vindeiras dúas temporadas. Aos seus 34 anos e logo de xogar no Celta, no Deportivo, de pasar por Alemaña, Inglaterra, de marcar uns setenta goles na Primeira División, elixe o Al Gharafa para poñer o ramo á súa carreira profesional.