Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OCDE mellora as súas estimacións de crecemento económico para España en 2024 e 2025

A OCDE mellora as súas estimacións de crecemento económico para España en 2024 e 2025

Sinala que a demanda interna será o factor que tire do carro da economía española

G24.gal 04/12/2024 10:19

A OCDE revisou de novo á alza as súas previsións de crecemento para España, en particular para este ano 2024 ata o 3 %, superando ata a estimación do que calcula o Goberno, de forma que será a segunda máis alta de todos os países membros e adiantará claramente a media da eurozona, que se situará no 0,8 por cento.

No seu informe semestral de Perspectivas publicado este mércores, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) sinala que a demanda interna será o factor que tire do carro da economía española e eleva tamén as súas predicións dese crecemento para 2025 ata o 2,3 %, á vez que calcula que en 2026 será do 2 %.

No seu informe de maio, a OCDE estimara que a progresión do produto interior bruto (PIB) ía ser do 1,8 % en 2024 e do 2 % en 2025, e xa corrixira en setembro esas cifras para subilas ao 2,8 % e ao 2,2 %, respectivamente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade