Publicador de contidos
Publicador de contidos

O transporte urbano de Vigo entra na sétima semana de folga indefinida

O transporte urbano de Vigo entra na sétima semana de folga indefinida

Unha nova protesta dos traballadores de Vitrasa provocou importantes problemas no tráfico desde primeira hora da mañá

A negociación entre os traballadores e a empresa concesionaria continúa, pero sen chegar a ningún acordo

G24.gal 08/01/2024 14:10

Despois de dous anos de mobilizacións e paros parciais, o pasado 25 de novembro os traballadores de Vitrasa anunciaron unha folga indefinida que xa cumpre a súa sétima semana. Un tempo durante o que os usuarios están a ter verdadeiros problemas para desprazarse pola cidade. 

Nas paradas a imaxe repítese a diario, sen case autobuses, e os poucos que circulan ateigados de pasaxeiros.

O Concello de Vigo anunciou unha compensación económica a Vitrasa polo quebranto que supuxo a pandemia. Pero, polo momento, este reequilibrio non pon solución ao conflito e a última reunión, a cuarta que se celebrou entre a empresa e os representantes dos traballadores, acabou de novo sen acordo. 

Unha nova mobilización dos traballadores  provocou importantes atascos a primeira hora da mañá. As protestas continuarán durante todos os días desta semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade