Cargando resultados...
O último baile de Pola, o mellor xogador da historia do fútbol sala galego
O último baile de Pola, o mellor xogador da historia do fútbol sala galego
Despediuse aos 35 anos logo do triunfo do Noia na Copa Galicia
G24.gal
17/05/2024 21:51
Adrián Alonso, máis coñecido como Pola, despediuse do fútbol sala en activo no partido que lle deu a terceira Copa Galicia consecutiva ao Noia Portus Apostoli. Vaise o xogador galego máis laureado na historia deste deporte.
A súa traxectoria está unida á do Lobelle Santiago e a do Inter Movistar, equipo no que xogou durante once temporadas. No seu palmarés locen seis ligas, seis Copas de España (unha co Lobelle e cinco co Inter), dúas Copas da UEFA, catro Supercopas ou dúas Copas do Rei. Coa selección española conseguiu a Eurocopa de 2016. Sempre ofrecendo o seu esforzo xeneroso, moi valorado por todos os adestradores que tivo pola súa capacidade de sacrificio.