Publicador de contidos
Publicador de contidos

O VAR, no punto de mira logo do acontecido no Bernabeu

O VAR, no punto de mira logo do acontecido no Bernabeu

As tres decisións do segundo tempo alporizaron o Almería... e tamén o Barcelona

O Real Madrid entende que se fixo xustiza

G24.gal 22/01/2024 21:00

Aos 38 segundos de partido o Real Madrid xa perdía co Almería, pechacancelas da liga, cero vitorias na temporada. Os brancos marcharon ao descanso cun 0-2 en contra. Só aí reaccionou o equipo.

No minuto 53 Fran García centra un balón á área, saltan Rudiger e Joselu. Bellingham tampouco chega ao segundo pau. Nada chama a atención do árbitro no campo. Pero Hernández Maeso recibe a chamada do VAR.

Bellingham anota o 1-2 desde os once metros para alegría da bancada madridista. Duroulle catro minutos. Os que precisou Arribas para marcar nunha contra. E de novo entra Hernández Hernández.

O VAR tamén salvou o empate de Vinicius, que Hernández Maeso anulara por man. O brasileiro celebrou en redes a decisión dos Hernández. Xusto 24 horas despois de que un terceiro Hernández (Xavi) avaliase a actuación arbitral no Bernabeu.

Máis tranquilo está o adestrador do Xirona. Nada altera o plan de Míchel. Nin sequera o gol de Carvajal, o que tras 14 minutos de tempo engadido lle permite ao Madrid seguir asexando o líder da liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos