Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os técnicos da Liga cren que non se debería disputar esta xornada

Os técnicos da Liga cren que non se debería disputar esta xornada

G24.gal 02/11/2024 13:46

A xornada comezaba onte coa disputa do Alavés-Mallorca, que rematou con vitoria vitoriana, e coa queixa dos adestradores por ter que saltar ao céspede logo da traxedia desta semana.

Luis García amosouse contento pola vitoria, pero cre que a decisión de disputar o encontro "non hai por onde collela". O técnico ten familiares e amigos nas zonas afectadas

Nos mesmos termos se expresou Jagoba Arrasate, que indicou que "en todos os vestiarios hai algún xogador con familiares desaparecidos, con amigos desaparecidos... O fútbol hoxe importa moi pouco".

Agora son os técnicos que aínda non disputaron os seus partidos os que non se amosan conformes coa xornada. Simeone afirmaba que "non ten sentido xogar vendo todo o que está acontecendo. Foi moi emocionante ver axudar a xente con todo o que tiña".

Tamén Bordalás, que ten que visitar Balaídos o luns, se amosou crítico: "Estamos nun estado de shock. As imaxes dan medo. Debería suspenderse a xornada, é a catástrofe máis grande das últimas décadas".

O presidente da Liga, Javier Tebas, publicaba un chío defendendo a decisión de manter a disputa dos encontros fóra das zonas afectadas. Tebas indica que e mellor decisión "non é parar, é seguir nos seus postos de traballo como no resto de sectores, xerando recursos para saír adiante".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade