Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un bar de Lugo derrota a Liga de Fútbol Profesional, que o denunciara por piratear partidos

Un bar de Lugo derrota a Liga de Fútbol Profesional, que o denunciara por piratear partidos

A xustiza considerou probado que non houbo nin lucro nin mala fe por parte da denunciada

 

Félix Aragunde 18/04/2024 14:09

A Liga de Fútbol Profesional acaba de perder unha demanda contra un bar de Lugo polo uso dun descodificador pirata. A Audiencia Provincial ratificou a sentenza de primeira instancia que exculpaba a responsable do establecemento dun delito contra a propiedade intelectual.

O caso remóntase a outubro de 2018, cando a empresa propietaria dos dereitos de imaxe detectou a emisión irregular dos partidos neste local.

Foi entón cando a asociación deportiva denunciou a hostaleira, que dende un primeiro momento defendera que non actuara de mala fe. Segundo declarou ante o xulgado, adquirira a prazos o aparello que lle instalaron, e sempre considerou que era legal.

"Veu un home que se fixo pasar por Movistar e dixo que me poñía o fútbol a 200 euros. Firmei un contrato e o rapaz levouno. Algo normal", di Vanesa López, hostaleira.

A dona do bar fora absolta, por vez primeira, o ano pasado. A titular do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo considerou demostrado que a hostaleira non se estaba a lucrar co aparello, posto que o seu negocio, unha hamburguesería, consiste en gran medida nas encargas para levar.

"Eu vendo moita comida a domicilio. Diso é do que vivimos, e do fútbol xa non quero saber máis nada, para que non me volva pasar o mesmo. Non o vou volver ter", asegura Vanesa.

Malia o último recurso da entidade deportiva, finalmente o tribunal provincial volveu darlle a razón á hostaleira, que quedou libre de todo cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade