Publicador de contidos
Publicador de contidos

O verán máis ledo para Fran Vieites, consolidado no primeiro equipo do Betis

O verán máis ledo para Fran Vieites, consolidado no primeiro equipo do Betis

O de Pontecesures xogou esta temporada contra o Real Madrid e o Barcelona

A vindeira temporada Pellegrini confía nel para ser o segundo porteiro do cadro bético

G24.gal 11/06/2024 22:34

Fran Vieites acabou de pasar o exame de Pellegrini no Bernabeu na última xornada de liga. O meta de Pontecesures mantivo a portería a cero e detívolle a última da liga a Toni Kroos. Vieites debutou en Primeira contra o Barcelona ó lesionarse Rui Silva nun partido que xa ía torto e acabou en goleada.

Tamén lle tocou xogar o derbi andaluz, con toda a presión que implica, e debutar no Villamarín cun partidazo ante As Palmas. A próxima temporada o Betis estará en tres competicións. Quizais teña unha oportunidade na Conference League. E hai uns días vímolo en Balaídos no partido da Selección Galega contra Panamá.

Fran Vieites goza dun verán feliz. Con 25 anos, deixa atrás as fichas nos filiais para consolidarse como porteiro de primeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade