O Viaxes Amarelle imponse no derbi de Marín e adianta o equipo pontevedrés
O Viaxes Amarelle imponse no derbi de Marín e adianta o equipo pontevedrés
Partido moi disputado o de Marín, que non se resolveu ata a última acción. Porque a igualdade foi máxima ata o final. O Viaxes Amarelle adiantouse cando faltaban pouco máis de catro minutos para o descanso. Cristina Lourés aproveitaba un erro na saída do balón das pontevedresas e non perdoaba.
Na segunda metade, o Marín buscou o gol, pero o Viaxes Amarelle non se desordenou. Habería que agardar ata o último minuto para ver as accións decisivas. Tivo a posibilidade de empatar o Marín nun dobre penalti que Ceci non foi quen de marcar, e que acabou no pau despois do rexeitamento.
E, xa co Marín á desesperada, Leti Rojo marcaba desde a súa portería o 0-2 final. Co triunfo, o Viaxes Amarelle rebasa ao Marín na táboa, onde queda cun punto máis, 12.