Cargando resultados...
O vigués Diego Martínez adestrará o Olympiakos grego
Será a primeira experiencia no estranxeiro logo do paso polo Sevilla, Osasuna, Granada e Español
G24.gal
20/06/2023 20:51
O técnico vigués Diego Martínez será o novo adestrador do Olympiakos. Así o anunciou hoxe o club grego. Diego Martínez estaba sen equipo tras ser destituido no Español o pasado mes de abril.
Será a primeira experiencia do galego fóra de España, tras adestrar o Granada, o Osasuna, o Español e tamén nas categorías inferiores do Sevilla. Diego Martínez chega ao Olympiakos da man doutro español, o director deportivo Antonio Cordón.