Publicador de contidos

Publicador de contidos

A marca galega Florentino lanza a súa primeira colección de moda femenina

A marca galega Florentino lanza a súa primeira colección de moda femenina

Houbo un taller de artesanía da coruñesa Lucía Ruíz de Lalura Deseño no que, acompañadas da madriña da presentación, Paloma Lago, participaron algunhas das creadoras de contido

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
Unha cita na zona vella de Santiago
G24.gal 14/03/2025 23:03

A marca galega Florentino presenta en Santiago a súa primeira incursión na moda de muller. Unha cita ineludible na zona vella de Santiago coa moda galega que fixo historia, a que fundou Florentino Cacheda aló polos 50 do pasado século en Lalín.

Sempre co home, por primeira vez desembarcan na moda feminina sen perder a súa esencia, co binomio tecido e confección de calidade.

"Para unha muller que quere ir ampliando o seu armario con pezas sofisticadas, bonitas pero ao mesmo tempo de calidade, que duren e sexan sostibles. Nos tons naturais do liño, cru e beis, acompañamos co verde, salmón, azuis", explicou Florentino Cacheda Pampín, director xeral de Florentino.

Non houbo desfile, pero si un taller de artesanía da coruñesa Lucía Ruíz de Lalura Deseño no que, acompañadas da madriña da presentación, a ferrolá Paloma Lago, participaron algunhas das creadoras de contido máis populares de Galicia lucindo pezas da colección.

"Mantén o ADN da firma. Son pezas atemporais cun corte espectacular, cunha caída e uns tecidos que sentan moi ben", di María Rey, creadora de contido en Miss Estilos.

"Para unha muller actual, que se poden usar no día a día, que combinan entre si", indica Patricia García, xornalista e creadora de contido en Donkey Cool.

Tecidos de calidade para deseños sofisticados, versátiles e elegantes con cortes de xastrería de liñas impolutas e impecables que gustan a todas as xeracións de mulleres. 

"Eu creo que as apaixonadas da moda queríamos este paso de Florentino á moda feminina", sostén María Rey.

A colección de outono-inverno do novo Florentino en feminino, xa está moi adiantada, sen perder un chisco do seu selo de identidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade