O Vilalbés acada un valioso triunfo no campo da Arandina (0-1)
O Vilalbés acada un valioso triunfo no campo da Arandina (0-1)
O equipo galego tivo as mellores ocasións, e acabou decidindo un gol de Javi Rey no 95'
O Rácing Vilalbés segue a facer un gran papel na súa estrea na Segunda RFEF. Nesta quinta xornada mantívose invicto pero, ademais, acadou o seu segundo triunfo. Foi no campo da Arandina, nun encontro protagonizado polas altas tempoeraturas, no que gozou das mellores ocasións, e cazou o seu gol na compensación.
Na primeira metade entrou mellor a Arandina, pero non tardaron os de Simón Lamas en collerlle o pulso ao encontro e en ter un par de bos achegamentos, especialmente un man a man que non puido culminar Álex Pérez.
Despois, o propio Álex Pérez marchaba so cara a portería e foi derrubado por Marqués, pero o colexiado so lle amosou o cartón amarelo.
Na segunda metade, o Vilalbés foi decididamente polo partido no treito decisivo. Gozou aí doutro par de boas ocasións antes do minuto 95'. Foi entón cando unha boa internada Isaac González pola dereita rematábaa Javi Rey, que marcaba o único gol do encontro.
A vitoria metía aos de Simón Laman momentaneamente en postos de promoción de ascenso.