Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz Peinado chama a declarar a Pedro Sánchez na causa contra Begoña Gómez

O xuíz Peinado chama a declarar a Pedro Sánchez na causa contra Begoña Gómez

A declaración foi  solicitada polas acusacións populares dirixidas por Vox

G24.gal 22/07/2024 15:40 Última actualización 22/07/2024 16:28

O xuíz que investiga a Begoña Gómez por presunto tráfico de influencias cita a declarar como testemuña o presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, en calidade de "esposo da investigada".

A decisón adoptouna o pasado venres, o día en que Begoña Gómez decidiu non declarar e foi  solicitada polas acusacións populares dirixidas por Vox.

O xuíz desprazarase ata a Moncloa, como dispón a lei de axuizamento criminal, que permite a determinados altos cargos comparecer desde o seu domicilio ou despacho.

A lei, con todo, tamén permite a Pedro Sánchez que non declare en contra da súa cónxuxe, aínda que "pode facer as manifestacións que considere oportunas".

A decisión do xuíz marca un punto de inflexión nunha causa que comezou hai apenas tres meses e que está recorrida tanto pola defensa de Gómez, que non ve "garantías", como pola Fiscalía.

Ambas pediron á Audiencia Provincial de Madrid que ordene ao xuíz acoutar que investiga tras dous informes da Garda Civil que non recollían indicios contra Begoña Gómez.

Dúas novas imputacións elevan a tres os investigados

Ata o pasado venres o xuíz investigaba unicamente a Begoña Gómez por un presunto trato de favor ao empresario Juan Carlos Barrabés, profesor do máster que codirixía a muller do xefe do Executivo e adxudicatario dunha serie de contratos públicos, algúns deles remitidos á Fiscalía Europea.

As acusacións populares tamén poñen o foco noutros asuntos como a actividade de Begoña Gómez na Universidade Complutense de Madrid ou a presunta apropiación indebida dun software.

Desde o venres, o maxistrado acordou cambiar a situación procesual de dúas testemuñas a investigados: o empresario Barrabés e o reitor da Complutense, Joaquín Goyache.

Ambos deron explicacións en calidade de testemuñas, aínda que o xuíz decidiu investigalos e volver interrogalos o vindeiro luns.

Tamén o luns o xuíz quere escoitar a versión de catro testemuñas: o presidente do Instituto de Empresa, Diego do Alcázar; o conselleiro delegado do grupo Barrabés, Luis Miguel Ciprés; ou o director da Fundación Deporte Novo do Consello Superior de Deportes (CSD) Félix Jordán de Urríes, a quen un avogado alleo á causa identificou nun escrito como a persoa que puxo en contacto a Begoña Gómez con Barrabés.

Os tres están citados como testemuñas, mentres que xa a finais de agosto, o 26, comparecerá Leticia Lauffer, conselleira delegada de Wakalua, filial de Globalia.

O PSOE ve a citación como parte dunha montaxe e unha persecución "intolerable"

O voceiro do PSOE no Congreso, Patxi López, considera que a citación xudicial de Pedro Sánchez forma parte dunha "montaxe" co obxectivo de beneficiar o PP, e é ademais unha "persecución política intolerable".

Fontes da dirección socialista van máis aló e aseguran que esta citación xudicial é un caso claro de "prevaricación".

López criticou o xuíz Peinado por facer unha investigación "prospectiva" sobre Begoña Gómez para ver que atopa, e a pesar de que este comportamento está "prohibido e vetado pola doutrina e a xurisprudencia".

"Agora cítase o presidente do Gobierno. Claro que hai algo pouco ético, pouco estético, inmoral e indecente, que é toda esta montaxe que estamos a ver", asegurou.

Tamén remarcou que "non hai caso" ao redor de Begoña Gómez, xa que hai dous informes da Garda Civil que "din que non hai nada, o fiscal e as testemuñas "non a acusan de nada" e nos documentos "non aparece en nada".

Alfonso Rueda considera que a citación xudicial de Pedro Sánchez prexudica a marca España.

O presidente da Xunta pídelles aos socialistas que non descualifiquen os xuíces. 

 

O PSOE adiantou que a decisión do xuíz Juan Carlos Peinado de chamar a declarar ao presidente do Goberno e secretario xeral socialista será recorrida e afirman que estas novas dilixencias son "inxustificadas" e revelan a natureza "política" do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar