Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz que investiga a Begoña Gómez cita representantes de Google, Indra e Telefónica

O xuíz que investiga a Begoña Gómez cita representantes de Google, Indra e Telefónica

Juan Carlos Peinado vainos interrogar como testemuñas o día 22 de xaneiro, xunto os exvicerreitores da UCM Juan Carlos Doadrio e José María Coello de Portugal

O presidente do Goberno expresa a súa "absoluta confianza e tranquilidade": "O tempo poñerá as cousas no seu sitio"

Imaxe de arquivo de Begoña Gómez/Europa Press-Eduardo Parra Imaxe de arquivo de Begoña Gómez/Europa Press-Eduardo Parra
G24.gal 23/12/2024 09:48

O xuíz que investiga a Begoña Gómez, esposa do presidente do Goberno, citou a declarar como testemuñas o próximo 22 de xaneiro a representantes de Google Spain, Indra e Telefónica, para interrogarlles sobre os seus investimentos no software do que sospeita que se apropiou a investigada.

Nunha providencia á que tivo acceso Europa Press, o maxistrado Juan Carlos Peinado cita tamén para ese mesmo día a Arsys Internet, e a quen foran vicerreitores de Planificación, Coordinación e Relacións Institucionais da Universidade Complutense de Madrid (UCM) Juan Carlos Doadrio e José María Coello de Portugal. 

Estes dous últimos son citados por segunda vez,  xa que declararon con anterioridade tamén en calidade de testemuñas.

O titular do Xulgado de Instrución número 41 de Madrid adopta esta decisión despois de que o pasado día 18 Begoña Gómez negara, na súa declaración ante o xuíz, calquera irregularidade na cátedra que codirixiu na Universidade Complutense.

Pedro Sánchez: "O  tempo porá as cousas no seu sitio"

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, expresou este luns a súa "absoluta confianza e tranquilidade" ante a citación de novas testemuñas en relación coa causa relacionada coa súa muller que investiga o xuíz Peinado.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros asegurou que "o tempo porá as cousas no seu sitio".

Xa en clave política, o presidente lamenta que a oposición estea instalada "na destrución do adversario político, tentando gañar con loiadas o que os votos non lles deron en 2023". Ao seu xuízo, esta estratexia, "está abocada ao fracaso".

Sánchez afirma: "O importante é que non nos desvíen do noso obxectivo principal que é seguir mellorando a calidade de vida da xente". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade