Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oda ao fútbol no Couto (3-3)

Oda ao fútbol no Couto (3-3)

A Unión Deportiva Ourense chegou a ter dous goles de vantaxe (3-1), pero o Gran Peña nunca se rendeu e encara o partido de volta en vantaxe

G24.gal 02/06/2024 14:10

Ida da final do playoff galego polo ascenso a 2RFEF, o gañador desta eliminatoria aínda ten que xogar outra eliminatoria, pero cun equipo de fóra de Galicia. Enfrontábanse no Couto a U. D. Ourense e o Celta C Gran Peña, a UDO dende a chegada de Borja Fernández nunha dinámica moi positiva e o Celta C sendo un equipo irregular dende o anuncio do final do acordo de colaboración entre o Gran Peña e o Celta.

A U. D. Ourense comezou mellor o partido e tivo unha ocasión moi clara nas botas de Antón Guisande, cun excelente remate á reviravolta. Pese á presión alta e efectiva da UDO o Celta C tentaba sempre saír dende atrás sen rifar o balón. A U. D. Ourense lograba roubar o balón cerca da área dos visitantes, e un deses roubos propiciou o primeiro gol do encontro, tras un pase moi perigoso do porteiro do Gran Peña ao seu mediocampista, este non puido esconder o balón, e cunha combinación de pases na área Luismi lograba un gran tanto tras unha boa definición a pase de Champi. Tras o gol do Ourense o ritmo do partido baixou un pouco, e o Gran Peña tivo unha boa ocasión á beira do descanso.

A segunda parte foi unha delicia para o espectador neutral. O Celta C Gran Peña grazas a Roi Tato acadaba o empate, pero a alegría non lle durou moito, xa que un par de minutos despois Samu Pardo anotaba o 2-1 e poñía ao Ourense outra vez por diante. O golpe foi moi duro para o Gran Peña e a UDO contou con dúas ocasións clarísimas, dous balóns ao pau, e a UDO seguía atacando, e desta maneira chegou o 3-1 que parecía definitivo, pero o fútbol é impredicible, e o Celta C Gran Peña non dixera aínda a súa última palabra. A mañá ía de ataques e golazos, e Álex Millán sumouse á festa cun gol antolóxico, un golpeo incrible á escuadra que colocaba o 3-2 no marcador. E cando todo parecía estar dito e que os dous equipos citábanse para o partido de volta chegou o empate do Celta C, 3-3, e a U. D. Ourense vese obrigada a gañar o partido de volta grazas á segunda praza acadada polo filial celeste na liga regular que lle daría o pase en caso de empate no resultado global.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos