Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ofrenda floral a Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca en Santiago

Ofrenda floral a Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca en Santiago

No aniversario dos falecementos dos dous intelectuais galegos, estiveron o conselleiro de Cultura e a alcaldesa de Compostela

O Conselleiro de Cultura e a alcaldesa de Santiago na ofrenda floral en Boisaca este domingo
G24.gal 05/01/2025 14:25 Última actualización 05/01/2025 14:46

Nunha xornada con moita auga previa ao día de Reis celebrouse a tradicional ofrenda floral no cemiterio compostelán de Boisaca a Valle-Inclán e a Isaac Díaz Pardo no aniversario dos seus falecementos.

Entre os participantes nesta homenaxe aos dous intelectuais galegos, estaban o conselleiro de Cultura, Xosé López Campos, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Tamén estiveron familiares dos propios autores e representantes do Museo Valle-Inclán e dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova da Arousa, da Asociación de Amigos de Valle-Inclán e do Foro Galicia e Valle-Inclán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade