Orest Ledebenko abandona o Deportivo
Orest Ledebenko abandona o Deportivo
O ucraíno marcha despois de media tempada no club
O Deportivo só conta con Retuerta no lateral esquerdo
O R. C. Deportivo anunciou mediante un comunicado que o ucraíno Orest Ledebenko non continuaría no club esta tempada. O xogador e o club chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato. Ledebenko podería saír a Portugal de camiño ao Vizela.
Na conferencia de prensa, Fernando Soriano anunciou que a saída se debeu á vontade de saír do xogador, pois el "non quere reter ningún xogador".
Con esta saída, sumada á de Raúl Carnero, o lateral esquerdo do Deportivo queda bastante coxo cun único futbolista, Retuerta, polo que a chegada doutro xogador sería prioridade para a dirección deportiva.
Soa Mikel Balenziaga, futbolista de 35 anos pertencente ao Athletic Club, para ocupar ese posto. O Deportivo quere anunciar esta mesma tarde o xogador.