Publicador de contidos
Publicador de contidos

Organizacións agrarias francesas queren bloquear os accesos a París

Organizacións agrarias francesas queren bloquear os accesos a París

Reapertura do tráfico na fronteira hispano francesa de La Jonquera

Os agricultores franceses levantaron o bloqueo en dez puntos e manteñen outros vinte
G24.gal 27/01/2024 13:56 Última actualización 27/01/2024 14:15

As principais organizacións agrarias francesas decidiron manter as protestas na maior parte do país, xa que as promesas do Goberno de baixar o prezo do gasóleo agrícola e outras melloras para o sector non lles parecen suficientes. 

Os agricultores, que levan toda a semana impedindo ou dificultando o paso de camións polo país, levantarán o bloqueo en dez lugares e manterán outros vinte. Dous sindicatos agrícolas fixeron un chamamento para bloquear os accesos a Paris a partir das dúas da tarde deste sábado.

Dificultades no tránsito

A mobilización está a impedir, ou polo menos dificulta moito, a chegada de camións con mercadorías españolas ou o tránsito dos mesmos polas estradas galas.

Aínda que non hai constancia polo momento de camións galegos afectados, si houbo ataques a vehículos con froitas e verduras españolas.

O que vemos desde Francia é que España é máis barata que aquí, e por iso a xente prefire mercar produtos españois e non de Francia, e iso mata aos nosos agricultores, di esta labrega que participa nas mobilizacións.

Debate sobre o futuro da agricultura

O primeiro ministro francés prometeu manter o diálogo cos agricultores, mesmo a pe de estrada, horas despois de que a presidenta da Comisión Europea recibira as organizacións convocantes da protesta.

Úrsula Von der Leyen prometeu abrir un grupo de reflexión para abordar o futuro da agricultura europea.

Tráfico pola fronteira de La Jonquera

A media mañá deste sábado, as autoridades permitiron de novo o paso nos dous sentidos pola AP-7, na fronteira hispano francesa de La Jonquera, pero a recuperación do tráfico está lonxe de se normalizar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade