Os analistas advirten de que a indecisión e a abstención terán un papel determinante nas eleccións francesas
Os analistas advirten de que a indecisión e a abstención terán un papel determinante nas eleccións francesas
Os analistas advirten de que a indecisión e a abstención terán un papel determinante nas eleccións francesas
Os analistas coinciden en que os dous candidatos espertan unha gran división entre os votantes
A chave do Eliseo está en a quen irá o voto dos 7,7 millóns de votantes de Mélenchon
Os analistas coinciden en que os candidatos nesta segunda volta das eleccións francesas espertan unha gran división entre os votantes; e que moitos franceses non van votar con ilusión por Macron ou Le Pen, senón en función de quen lle xere menos antipatía e desagrado ou máis temor e incerteza.
Os analistas advirten que a indecisión e a abstención terán un papel determinante, iso unido a que a chave do Elisio está en a quen irá o voto dos 7,7 millóns de votantes de Mélenchon... Os analistas lembran que non hai que esquecer que hai electores moi de esquerdas, pero ao mesmo tempo moi nacionalistas franceses.
Todo parece indicar que non se esperan grandes sorpresas, pero moitos analistas tamén coinciden en lembrar o fracaso das sondaxes nos comicios dos Estados Unidos do 2016, cando sorpresivamente Donald Trump gañou as eleccións.
Os analistas destacan que hai, por tanto, unha marxe importante de incerteza que non se vai despexar ata esta noite. O que si está claro é que en función dos resultados, estas eleccións non só van marcar o destino de Francia, senón tamén o da Unión Europea.