Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os cirurxiáns apostan pola innovación na súa XXIII reunión anual na Coruña

Os cirurxiáns apostan pola innovación na súa XXIII reunión anual na Coruña

1.300 profesionais comparten coñecemento sobre robótica hospitalaria

G24.gal 10/11/2021 14:03

A primera gran reunión de cirurxiáns tras os tempos duros da covid recupera a presencialidade. Faino na Coruña e nun contexto onde os profesionais que nos operan poñer en valor a necesidade de innovación

"Hai que ter en conta que o que vemos aquí son técnicas que ao mellor puideches ver nalgunha revista de divulgación científica, pero ter aquí o experto, que despois poidas tomar un café e que che comente os matices, detalles, fai que te sintas co confort e coa seguridade para poñer a técnica en marcha", explica Xosé Francisco Noguera, presidente do comité organizador.


Robotización dos procesos, segura para o paciente e sostible para o sistema. É o asunto principal para os cirurxiáns nos tempos que corren. Xusto despois de vivir uns meses anómalos a causa da covid. 

"Traballamos nun ámbito que non era o noso habitual, para axudar os médicos da UCI, de Medicina Interna, deixamos de operar, dedicámonos a atender pacientes noutro contexto. Pero agora hai que operar o que toca, sempre atendendo aos estándares de calidade e de atención, pero mañá e tarde, e cando máis rendemento poidamos sacar, mellor", engaden.

Rendemento, formación, cooperación que aflora en congresos coma este da Coruña e que, din os cirurxiáns, deben redundar sempre en beneficio do paciente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos