Os equipos galegos, inmersos mañá na loita polo ascenso na 1ª RFEF
Os equipos galegos, inmersos mañá na loita polo ascenso na 1ª RFEF
O Celta Fortuna visita Tarragona pola mañá
O Lugo intentará prolongar a mala serie do Barça Atlétic (16 h, G2 e AGalega.gal)
O Arenteiro recibe a Ponferradina no Espiñedo (18 h, G2 e AGalega.gal)
Nastic de Tarragona e Celta Fortuna chegan ao partido de maña ao mediodía empatados a 57 puntos. Os vigueses, en boa dinámica, mídense a un aspirante ao ascenso. Os de Fredy son os terceiros e os cataláns ocupan a cuarta posición. Albíscase espectáculo.
A primeira hora da tarde e tamén a través desta casa poderán seguir o encontro entre o Barça Atlétic e o Lugo. O equipo de Trashorras suma tres derrotas consecutivas. Para o técnico lucense será unha visita ben especial.
Dúas horas más tarde: Arenteiro-Ponferradina no Espiñedo, partido que tamén poderán ver na G2. O equipo de Javi Rey, que agarda un partido moi pechado, suma seis partidos sen perder e está a oito puntos do play off.
O Espiñedo volverá a vivir unha boa tarde de fútbol ante un dos galos da categoría.