Cargando resultados...
Os Estados Unidos reducen a corentena a cinco días
Os Estados Unidos reducen a corentena a cinco días
A escaseza de traballadores e a menor gravidade da variante ómicron están tralas últimas decisións do goberno
G24.gal
28/12/2021 17:11
A Casa Branca relaxou as medidas anticovid.
Cortou á metade os días de corentena para os positivos, ata 5, e xa non pide corentena aos vacinados que estivesen preto do virus.
O país sofre unha escaseza de traballadores, en varios sectores, e as medidas queren facilitar a man de obra dispoñible.
É tamén un testemuño de que a variante ómicron tende a ser máis leve que as anteriores.
Ao mesmo tempo, o Goberno multiplicou por catro o número de farmacias que ofrecen tests de antíxenos e baralla pedir a cartilla de vacinación nos voos domésticos.