Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos afrontan unha xornada na Primeira RFEF que abre o Lugo este serán

Os galegos afrontan unha xornada na Primeira RFEF que abre o Lugo este serán

O Lugo recibe o Nastic (19:00 h) logo de tres empates consecutivos

Mañá será a quenda do Deportivo en Fuenlabrada, do Celta Fortuna en Barcelona e do Arenteiro contra o Tarazona

G24.gal 30/09/2023 11:04

O Deportivo visita o domingo ao mediodía ao Fuenlabrada, o penúltimo clasificado. E a preocupación de Idiakez é o estado do terreo de xogo, que xa padeceu o Lugo: "É un campo máis estreito, pero temos que ver como está, porque a semana pasada estaba lamentable".

O Lugo, que leva tres empates seguidos, abre a xornada para os nosos. Xoga no Anxo Carro ante o Nástic, o líder da categoría, que aínda non coñece a derrota. "Con todo o respecto, estamos preparados para competir o partido e sacalo adiante", indica Munitis.

O domingo pola tarde hai duelo de filiais. O Celta Fortuna xoga contra o Barça Atlétic. "O partido contra o Barça todos queren xogalo, é un partido para gañar, e queremos sacar os tres puntos", di na previa Javi Rodríguez.

E o Arenteiro, logo de dous partidos nos que quizais mereceu máis, recibe no Espiñedo ao Tarazona, último clasificado, e Javi Rey advirte: "Un equipo moi físico, que mete presión moi alto, e non vai vir pecharse, todo o contrario".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos