O Lugo acusa a falta de puntería e cae ante a Ponferradina (0-1)
O Lugo acusa a falta de puntería e cae ante a Ponferradina (0-1)
Os lucenses gozaron de moitas ocasións durante o partido pero non as aproveitaron
O gardameta dos visitantes Andrés Prieto sostivo aos ponferradinos
Os de Lolo Escobar alónxanse dos postos de "playoff" con esta derrota
O Lugo deixou escapar tres puntos importantes no Anxo Carro para loitar por entrar nos postos de "playoff". Na primeira metade, os de Lolo Escobar tiveron o control do xogo e as ocasións máis claras, pero a mala sorte e un inspiradísimo Andres Prieto impediron que abrira o marcador. O gardameta salvou un man a man coa perna que ben puido ser o primeiro dos lucenses. Ademais, mostrouse moi seguro nun golpeo dende lonxe do Lugo que tivo que sacar coa punta das luvas e no que mesmo quedou mancado.
A segunda parte seguiu sendo unha tónica do equipo galego, que seguiu contando con moitas oportunidades en fase ofensiva. Sen embargo, sería Álex Costa quen aproveitaría un lanzamento defectuoso de Borja Valle para desviar o balón e adiantar aos visitantes. Tralo gol, os de Lugo seguiron tendo ocasións, pero non conseguiron rescatar canto menos un punto do encontro. Deste xeito, os galegos perderon un partido que tiveron de cara e alónxanse dos postos de "playoff".