Os goleadores do Ourense C. F. analizan a vitoria ante o X. Torrelavega

Portela e Amín atenderon o Galicia en goles na zona mixta de Oira

G24.gal 29/10/2023 09:30

O conxunto da cidade das Burgas continua con paso firme nesta a súa segunda temporada en 2ª RFEF. Como vinganza pola eliminación copeira, os de Rubén Domínguez venceron por  dous tantos a un e segue a aumentar o botín de cara ao obxectivo principal: a permanencia.

Tralo encontro, Roberto Carlos Carballo conversou cos dous goleadores: Amín e Portela. O canario regresaba tras lesión.

"Déronme a alta onte. Mellor imposible regresar así. Durante toda a semana estiven inactivo e o primeiro adestramento foi onte. Estamos competindo cos de arriba e hai que ir partido a partido".

Pola súa banda o veterano defensa Portela tamén festexou o triunfo ante os cántabros.

"O último gol xa foi hai un par de anos. Pero creo que o van poñer en propia porta. Dubidei porque un compañeiro estaba pedindo o balón pero finalmente decidín disparar. Xa sabemos que é un equipo correúdo. A base de balóns longos crearon problemas e foi bo porque vemos que este ano somos máis fortes e sólidos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar