Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os líderes da UE buscan pechar este luns o reparto da cúpula europea

Os líderes da UE buscan pechar este luns o reparto da cúpula europea

Previsiblemente, Ursula Von der Leyen seguirá á fronte da Comisión Europea

A presidencia do Consello Europeo podería asumila o exprimeiro ministro portugués, o socialista António Costa

G24.gal 16/06/2024 19:37

Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea reúnense este luns en Bruxelas nunha cea informal en que previsiblemente van pactar a nova cúpula das institucións europeas. 

Estaba previsto que o acordo chegase a finais deste mes, pero podería darse xa nese encontro. Se se cumpren as quinielas, a conservadora Ursula Von der Leyen seguirá á fronte da Comisión Europea a cambio de que o Consello Europeo o asuma o exprimeiro ministro portugués, o socialista António Costa, e de que a primeira ministra de Estonia, a liberal Kaja Kallas, substitúa a Josep Borrell como xefa da diplomacia europea.

Os xefes de Goberno da UE tamén poderían incluír no acordo a presidencia do Parlamento Europeo, que se espera que manteña Roberta Metsola na primeira metade da lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade