Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os líderes da UE nomean a Von der Leyen, Costa e Kellas como altos cargos das institucións comunitarias

Os líderes da UE nomean a Von der Leyen, Costa e Kellas como altos cargos das institucións comunitarias

Ursula von der Leyen terá un segundo mandato á fronte da Comisión Europea, António Costa será o novo presidente do Consello e a estoniana Kaja Kellas será a xefa da diplomacia comunitaria 

Os Vinte e sete non lograron o consenso agardado polo malestar de Meloni e Orbán cos candidatos propostos

Xuntanza de líderes da UE (Reuters).
G24.gal 27/06/2024 23:36 Última actualización 28/06/2024 07:56

Os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea acordaron este xoves nomear a conservadora alemá Ursula von der Leyen para un segundo mandato na presidencia da Comisión Europea e o socialista portugués António Costa como presidente do Consello Europeo, así como á liberal estoniana Kaja Kallas como alta representante da UE para Asuntos Exteriores.

Os líderes dos Vinte e sete validaron así hoxe a terna que propuxeran os negociadores das tres principais familias políticas proeuropeas este martes, o que molestara aos mandatarios que non están afiliados a ningunha delas, como a primeira ministra italiana, Giorgia Meloni, e o primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán.

De feito, ningún dos tres candidatos saíu adiante polo desexado consenso: Meloni abstívose sobre o nomeamento de Von der Leyen e votou en contra de Kallas e Costa, mentres que Orbán votou en contra de Von der Leyen, dixeron fontes diplomáticas.

Mentres que o nomeamento de António Costa é xa definitivo, tanto Von der Leyen como Kallas terán que superar senllos votos por separado no Parlamento Europeo: a alemá terao previsiblemente a mediados de xullo e a estoniana enfrontará unha audiencia coas comisións parlamentarias durante o outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade