Os líderes nacionais desembarcan na campaña electoral de Andalucía
Os líderes nacionais desembarcan na campaña electoral de Andalucía
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo participarán en varios actos durante a fin de semana
Andalucía está metida de cheo en campaña electoral e desde hoxe ata o domingo a maioría dos líderes nacionais desprazaranse á comunidade para arroupar os seus candidatos.
Varios ministros do Goberno participaron xa hoxe en actos electorais, ao igual que o líder da oposición. Alberto Núñez Feijóo pon Andalucía como exemplo de xestión fronte á ao Goberno central.
"A alternativa real ás políticas de Sánchez, aos seus socios comunistas e aos seus socios de Esquerda Republicana e de Bildu son as propostas traballadas, serias e pensadas coma as de Andalucía", asegurou Feijóo.
O presidente do Goberno viaxará a Andalucía o domingo. Varios ministros participaron xa este venres en actos co candidato Juan Espadas. O PSOE apela ao pasado socialista da comunidade para reivindicar o seu futuro.
Félix Bolaños, ministro da Presidencia, di: "É esencial coñecer as diferencias entre un Partido Socialista no goberno e un Partido Popular abrazado á ultradereita".
Ciudadanos e Vox aspiran a ser decisivos na formación de goberno.
"Juanma e eu estamos convencidos de que imos sumar unha maioría para gobernar xuntos", di Juan Marín, candidato de Ciudadanos. Macarena Olona, a candidata de Vox, asegura que o seu partido pode cambiar Andalucía e pode cambiar España.
Fronte a eles, Adelante Andalucía e Por Andalucía reivindican o andalucismo.
"Andalucismo a pesar da dereita que vén de fóra para insultar os nosos costumes", di Teresa Todríguez, candidata de Adelante Andalucía.
Inmaculada Nieto, candidata de Por Andalucía, di: "Andalucía será a terra que todos soñamos, porque temos recursos para iso".
Por diante quedan 14 días de campaña de cara ao 19 de xuño.