Os ministros da UE analizarán este martes as propostas para atallar as protestas dos agricultores
Os ministros da UE analizarán este martes as propostas para atallar as protestas dos agricultores
Sobre a mesa estarán as iniciativas que o Executivo comunitario presentou o 15 de marzo para suavizar algunhas das esixencias ambientais da PAC
Os ministros de Agricultura da Unión Europea celebran este martes en Bruxelas unha reunión na que analizarán as propostas que a Comisión Europea presentou nas últimas semanas para responder as protestas do sector primario.
Sobre a mesa estarán as iniciativas que o Executivo comunitario presentou o pasado 15 de marzo para suavizar algunhas das esixencias ambientais da política agrícola común como a condición para recibir subsidios e eximir ás pequenas explotacións de controis e sancións relacionadas cos requisitos de condicionalidade.
Parece que este martes, os cambios da PAC quedarán aprobados formalmente no comité especial de agricultura por unha maioría cualificada entre os Estados membros.
A Eurocámara tamén debe pronunciarse sobre esas modificacións e espérase que o procedemento formal no Parlamento sexa na semana do 22 de abril, segundo as fontes.
O ministro español de Agricultura, Luis Planas, afirmou este luns que “é hora de que os países da Unión Europea tomen na reunión as decisións" pertinentes para atender as demandas dos agricultores tras as propostas da Comisión.