Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os novos gandeiros galegos, campións do mundo

Os novos gandeiros galegos, campións do mundo

Un equipo formado por seis mozos gañou o concurso mundial de manexo de gando

Félix Aragunde 03/09/2024 19:07 Última actualización 03/09/2024 19:52

As irmás María e Andrea Otero, da gandería Fontixón de Castro de Rei, e mais Alba López, da gandería Quintián do Páramo, constitúen a metade do equipo que acadou o título de campións mundiais.

No concurso internacional de manexo de gando, que se acaba de celebrar en Bélxica, as mozas e os mozos gandeiros galegos lograron o primeiro posto.

Na proba máis valorada do concurso, que é a de manexo, foi onde estas campioas lucenses puideron demostrar mellor a súa valía. Na categoría correspondente á súa idade, María Otero quedou de primeira, mentres que na súa, Alba López obtivo o segundo posto do podio.

María Otero, integrante do equipo campión: "O equipo galego tiña bastante nivel en comparación co resto. Xa non polo traballo que fixemos alí, senón porque xa o viñamos preparando todo o ano, e fómolo demostrando nos campionatos de Galicia".

Alba López, integrante do equipo campión: "Comprender o manexo das vacas e das becerras tamén é importante. Non é o mesmo alguén que non teña unha granxa na casa ca alguén que estivo toda a vida convivindo con estes animais".

Para acabar de gañadoras, estas mozas empregáronse a fondo durante os últimos meses, coa formación en diferentes escolas. Ademais, prepararon un deseño de temática xacobea para a presentación que realizaron no concurso.

Andrea Otero, integrante do equipo campión: "Este verán deseñamos o 'stand' e tamén fomos a varias escolas, onde nos prepararon moi ver para poder ir".

No mundial de manexo de gando, o equipo galego competiu contra preto de 200 mozos de case 30 países. Entre eles Suíza e Polonia, que quedaron de segundos e de terceiros respectivamente.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar