Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os números que xeran a preocupación no racinguismo

Os números que xeran a preocupación no racinguismo

Quedan só tres xornadas para rematar a primeira volta e o Rácing -15 puntos- precisa gañar todos os partidos para estar en números habituais de permanencia

É o equipo menos goleador da categoría e no partido contra o Oviedo amosou unha preocupante febleza defensiva

G24.gal 09/12/2024 19:49

As augas baixan revoltas no Rácing. Con dezaoito xornadas o equipo está en postos de descenso, con só quince puntos. Adoita marcarse a cifra dos 46 puntos para acadar a salvación, 23 por volta e para acadalos o cadro departamental precisa un pleno de triunfos nas tres últimas xornadas da categoría, diante do Spórting, Almería e Zaragoza, un calendario complicado contra tres equipos que están pelexando polo ascenso a Primeira División. 

As sensacións contra o Oviedo foron malas. En ataque apenas xerou ocasións aínda que conseguiu romper a serie de minutos sen marcar -quedou en 475- e o máis preocupante aconteceu en defensa onde o Rácing se estaba a amosar como un equipo sólido e perdeu esa solidariedade no traballo encaixando cinco goles, cifra récord esta temporada. 

Na entidade ferrolá agardan que o equipo tocara fondo e que a mellora sexa visible a partir da seguinte xornada. A proximidade do mercado invernal tamén pode ser un alivio para reforzaren aquelas posicións nas que se atopan máis coxos. Só quedan vinte días para que se abra a xanela de fichaxes e o Rácing ten que moverse con moito tino. Tamén hai que recoñecer que a cantidade de lesións que sufriu o equipo non é normal neste primeiro treito de campionato e que impediu que Cristóbal puidese consolidar un once de garantías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade