Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Países Baixos e Turquía completan o último partido de cuartos de final

Os Países Baixos e Turquía completan o último partido de cuartos de final

Os de Koeman derrotaron a Romanía dun xeito moi claro (3-0)

Turquía sufriu ata o último intre pero gañoulle a Austria (2-1)

G24.gal 02/07/2024 20:12

Beneficiado por un afortunado emparellamento nos oitavos de final -máis aínda coa súa condición de terceira de grupo- a selección de Países Baixos recuperou a súa intensidade, repuxo a súa moral e gañou o duelo contra Romanía. O tanto de Cody Gapko aos 20 minutos resultou fundamental e a diferenza ampliouse no treito final cun dobrete de Donyell Malen. 

A distancia no marcador foi máis curta que no terreo de xogo, propiedade do equipo neerlandés desde o primeiro gol ata o remate do partido. Houbo ocasións dabondo, sobre todo no segundo tempo, para ir moito máis aló no tocante a goles marcados. Non permitiron a reacción do rival e ofreceron unha versión moito máis acorde aos xogadores que ten o equipo de Koeman do que fixeran ata o de agora. 

0 - Romanía: Nița; Ratiu, Dragusin, Burca, Mogos (Racovitan, m. 37); Marius Marin (Cicaldai, m. 72); Man, Razvan Marin, Stanciu (Olaru, m. 88), Ianis Hagi (Mihaila, m. 72); Dragus (Alibec, m. 72).

3 - Países Baixos: Verbruggen; Dumfries, De Vrij, Van Dijk, Aké (Van de Ven, m. 69); Reijnders, Schouten (Veerman, m. 69); Gakpo (Weghorst, m. 84), Xavi Simons, Bergwijn (Malen, m. 46); Memphis (Blind, m. 92).

Goles: 0-1, m. 20: Gakpo. 0-2, m. 83: Malen. 0-3, m. 93+: Malen.

Turquía gaña a balón parado

Turquía derrotou por 2-1 a Austria e xogará diante dos Países Baixos a última eliminatoria de cuartos de final. O defensa Demiral converteuse no heroe do país otomano ao marcar os dous goles (minutos 1 e 59). Austria reduciu diferenzas cun gol de Gregoritsch e gozou dunha ocasión clarísima no engadido para empatar pero abandona a Eurocopa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos