Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os protagonistas do derbi galego da ACB, no Galicia en Goles

Os protagonistas do derbi galego da ACB, no Galicia en Goles

Vicedo e Álex Suarez polo Obradoiro e os irmáns Quintela polo Breogán, pasaron polos micrófonos da Radio Galega

G24.gal 26/03/2022 21:06

Fermoso, emocionante e moi igualado resultou o choque entre os dous conxuntos galegos da Liga ACB de baloncesto. Tralo partido, pola zona mixta pasaron varios protagonistas de cada conxunto.

Polo Obradoiro falaron Vicedo e Álex Suarez.  O canteirán estudiantil recoñeceu as causas da derrota.

"Estivemos ata o minuto 40 con opcións de gañar. Marchamos fastidiados. Erros en xogadas decisivas foron as claves para perder este partido. Foi un derbi moi bonito. Oxalá poida vivir máis"

Pola súa banda Álex Suarez regresaba ás canchas e falou da súa actuación.

"Galicia merece moitos equipos para vivir partidos así. Estou para defender duro e por iso tantas faltas. Hai que quedar co positivo, loitamos tódolos partidos e tivemos opcións ata o final. Volvemos ao partido e iso é importante"

Máis ledicia había no conxunto local e no breoganismo. Foi unha vitoria sufrida pero que se saborea mellor. Erik Quintela analizou o partido.

"Estamos aínda mareados da tensión. Estamos moi contentos. Eles xogando así non terán problema para manterse. Cando ves tanta xente detrás de ti apoiando, da un plus. Na casa sempre damos un chisco máis"

O seu irmán, Sergi Quintela, tamén pasou polo micrófono de Raúl Villares.

"Aínda temos un chisco de subidón por estar máis preto da salvación. Puido gañar calquera. Por momentos parecía que faciamos mal partidos pero era polas boas defensas"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade