Os Reis Magos non sempre acertan
Os Reis Magos non sempre acertan
Parte da trasfega de hoxe nas tendas foi para facer cambios e devolucións
Tendo en conta a inxente tarefa que tiveron por diante estes días os Reis Magos e os seus paxes, moito non se equivocaron e, en xeral, hai un alto grao de satisfacción cos agasallos que deixaron.
"Atinaron, perfectamente, estou encantada co que me trouxeron". "Con todo, incluso de máis".
"Si, podo dicir que acertaron".
"De marabilla, comigo non houbo ningún problema".
"Acertaron, acertaron, si, xa nos coñecen e entón acertaron".
"Un dez, non me podo queixar", comentaban hoxe na rúa.
Todo foi tan ben que hoxe nas tendas había máis xente comprando nas rebaixas que facendo cambios e devolucións. Como moito buscando algún talle máis.
"Pois que non lle serve e entón hai que cambialo".
"Algo hai que cambiar".
"Non sei se un talle dun vestido, pero sería o único".
"Os reis teñen que mellorar nas medidas, pero ben co turrón e todo iso tamén é difícil".
"Son épocas complicadas e todos collemos uns poucos de quilos".
E cal é o segredo para que un agasallo sexa perfecto?
"Escribir ben a carta, redactala ben".
"Especifiquei moi claro na carta o que quería".
"Claro hai que especificar ben para non ter que ir facer cambios, ademais coas rebaixas, se non hai que facer cola, así que nada, especificar ben".
As novas tecnoloxías axudan e os Reis Magos tamén agradecen un WhastApp ou un correo cun enlace de todo o que pedimos.