Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os reis presiden o acto de homenaxe á poboación da illa da Palma

Os reis presiden o acto de homenaxe á poboación da illa da Palma

Tamén asisten Pedro Sánchez e os mandatarios autonómicos que este domingo participan na Conferencia de Presidentes

O rei Filipe VI e a raína Letizia este sábado en Santa Cruz da Palma
G24.gal 12/03/2022 13:29 Última actualización 17:00

Os reis e o presidente do Goberno viaxan á Palma para asistir ao acto de homenaxe ao pobo da illa pola súa exemplaridade para afrontar tres meses de erupción do volcán Cumbre Vieja. 

O acto, que pecha Filipe VI, comeza ás cinco da tarde (hora canaria) no Convento de San Francisco de Santa Cruz de La Palma. 

Nenos e nenas de colexios afectados lerán unha declaración institucional en recoñecemento á cidadanía, aprobada polo Consello de Ministros. Tamén haberá unha entrega de medallas ao mérito da Protección Civil a 39 institucións.

Conferencia de Presidentes

Ademais dos reis e do presidente do Goberno, asistirán os mandatarios autonómicos que o domingo se reúnen na vixésimo sexta Conferencia de Presidentes nos LLanos de Aridane, como mostra de apoio á poboación da illa.

Esta reunión íase celebrar o 25 de febreiro e foi suspendida polo inicio da guerra en Ucraína. De feito, a invasión, xunto coa pandemia, serán os temas centrais da conferencia. En total, participan nove ministros neste encontro.

Das propostas que trae o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacan dúas: un plan nacional de acollida de refuxiados ucraínos e unha baixada temporal en España do IVE do gas e da electricidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade