Cargando resultados...
Os temporais estragan o 25 % da colleita de millo no territorio galego
Os temporais estragan o 25 % da colleita de millo no territorio galego
Hai 75.000 hectáreas sementadas no territorio e ata o momento só se recollera o 30 % porque non estaba maduro
G24.gal
12/10/2024 14:44
Última actualización 12/10/2024 15:18
A forte choiva e vento está a causar estragos nos campos de millo, aínda sen recoller. O tempo húmido atrasou a sementeira e, antes da chegada dos temporais, non estaba maduro.
En Cospeito as plantacións amenceron este sábado ateigadas de auga. En Lugo, os pés estaban completamente deitados. A imaxe repítese nas máis das leiras.
Traballar na terra enchoupada é un labor moi custoso. Ademais, os labregos aseguran que co millo mollado non se fai un silo bo.
Antes da chegada das últimas borrascas, apenas se recollera un 30 % da colleita. Agora, temen que estea afectada un 25 % do total das 75.000 hectáreas sementadas en todo o territorio.