Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tornados golpean Misisipi e deixan polo menos 23 feridos

Os tornados golpean Misisipi e deixan polo menos 23 feridos

Afectaron sobre todo os condados de Sharkey, Humphreys e Monroe

Rolling Fork, onde viven 2.500 persoas, quedou na práctica devastada

Efectos devastadores do tornado en Rolling Fork, Misisipi. EUA. Efectos devastadores do tornado en Rolling Fork, Misisipi. EUA.
G24.gal 25/03/2023 16:56

Polo menos 23 persoas morreron e decenas máis quedaron feridas despois de que un tornado arrasara as zonas rurais do oeste de Misisipi nos Estados Unidos o venres pola noite.

"Podemos confirmar 23 mortos, decenas de feridos, 4 desaparecidos polos tornados de onte á noite. Contamos con numerosos equipos de procura e rescate locais e estatais que continúan traballando", informou este sábado a axencia de xestión de Emerxencias na súa conta de Twitter.

As operacións de procura e rescate están a traballar nos condados de Sharkey e Humphreys, ao oeste do estado. O gobernador do Estado, Tate Reeves, sinalou que a perda tras este evento meteorolóxico "sentirase nestes pobos para sempre".

O centro da destrución parecía estar a menos de 100 quilómetros de distancia, na cidade de Rolling Fork, no condado de Sharkey, onde residen unhas 2.500 perosas. "Gran parte da cidade foi destruída", incluídos todos os negocios nun tramo comercial dunha estrada local, dixo o exalcalde da cidade Fred Miller a Fox.

Tamén a pequena localidade de Silver City, cuns 340 habitantes, escenario de enormes danos.

Unhas 100.000 vivendas en Alabama, Misisipi e Tennessee aínda estaban sen electricidade á primeira hora do sábado, informa a principal compañía eléctrica da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade