O persoal de Alcoa retoma as mobilizacións cunha concentración en Xove
O persoal de Alcoa retoma as mobilizacións cunha concentración en Xove
Reclaman unha maior implicación do Goberno central e da Xunta
O comité de empresa lamenta o atraso na convocatoria da mesa de seguimento
O persoal de Alcoa retomou as mobilizacións cun acto celebrado este sábado en Xove para reclamar unha maior implicación das Administracións no futuro da factoría.
O comité lamenta o atraso na convocatoria da mesa de seguimento na que participan a empresa, o persoal e os gobernos e que non se celebra desde xuño do ano pasado.
Os sindicalistas esíxenlle ao goberno central que axilice a tramitación dos parques eólicos pendentes, e á Xunta que autorice a ampliación da balsa de lodos de Alumina.
"Temos un problema moi grave. O Goberno non dá signos de vida, non di nada, nin sabemos nada del desde hai un mes cando suspendeu a reunión de seguimento e, por outra banda, Alcoa tampouco di nada máis aló de que non quere facer o forno. Uns feitos totalmente contrarios ao que asinaron", clamou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.
Desde o balcón da casa do concello e dirixíndose aos participantes na protesta, Zan incidiu en que se "non hai unha solución" aos "problemas da empresa", que "haxa unha intervención".