Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convocará este mes axudas a empresas por máis de 170 millóns de euros

A Xunta convocará este mes axudas a empresas por máis de 170 millóns de euros

Lorenzana destacou a posta en marcha, por primeira vez, dunha área específica de innovación empresarial no Igape

G24.gal 10/01/2025 15:38

A Xunta convocará a próxima semana 15 liñas de axudas a empresas por 172,6 millóns de euros, entre as que se atopa por primeira vez unha destinada á implantación de intelixencia artificial.

Así o anunciou este venres a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, que destacou que “por primeira vez na historia” as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para pemes e autónomos.

O obxectivo, dixo, é facilitar a estes colectivos que poidan planificar con antelación as súas necesidades de financiamento e coñecer os apoios públicos dos que van dispoñer. Sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) os próximos días 13 e 14 de xaneiro.

Lorenzana remarcou que deste xeito se busca “dar unha maior marxe de planificación ás pemes e aos autónomos concentrando todas esas axudas en dous diarios oficiais consecutivos, o cal facilita a súa consulta e o seu coñecemento, e mesmo a localización da normativa reguladora de cada axuda”.

Segundo detallou a conselleira, unha parte importante das axudas estarán destinadas a financiamento, con 110 millóns de euros, e contarán cunha importante flexibilidade tanto nos períodos de amortización e carencia como na baixada dos intereses.

Tamén haberá axudas no marco de competitividade, que ascenden a 47,3 millóns e en innovación, por 15,2 millóns.

Neste punto, Lorenzana destacou a posta en marcha, por primeira vez, dunha área específica de innovación empresarial no Igape.

Por último, tamén aclarou que do montante total de 172,6 millóns, un total de 83,5 millóns proceden de fondos propios (case o 50 %) e os restantes son Fondos FEDER, procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do Fondo de Transición Xusta.

Ademais, a todo iso haberá que sumar as axudas para internacionalización, que serán convocadas no primeiro trimestre do ano, engadiu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar