Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tractores franceses bloquean xa dez estradas ou autoestradas no intento de evitar a entrada a París

Os tractores franceses bloquean xa dez estradas ou autoestradas no intento de evitar a entrada a París

Os agricultores acusan os produtos ucraínos, españois e italianos de facérenlles competencia desleal

Transportistas galegos critican a violencia que sofren en Francia mentres tratan de esquivar os piquetes

G24.gal 29/01/2024 19:46 Última actualización 29/01/2024 20:09

Os agricultores franceses tentan bloquear os accesos a París. Un forte dispositivo policial trata de impedilo. E o Goberno ofrece medidas adicionais para rematar cunhas protestas que están afectando centos de camioneiros españois. Os galegos en tránsito por Francia buscan alternativas para sortear os piquetes.

Os tractores xa entorpeceron o acceso a París por dez estradas ou autoestradas. A intención dos agricultores franceses é illar a capital e o principal mercado de abastos por tempo indefinido, ata que se atendan as súas demandas. Quince mil xendarmes tentan impedir o bloqueo. E Macron reuniu un gabinete de crise. Agora ofrécelles poñer fin aos barbeitos obrigatorios e acabar coas importacións de produtos ucraínos. Os agricultores din que os produtos españois e italianos tamén lles fan competencia desleal. Unha afirmación con certa acollida no executivo galo e que rexeita tallante o español.

"Estamos na Unión Europea, polo tanto as normas de produción e comercialización son semellantes en todos os países membros e todo as aplicamos igual. Polo tanto non hai ningunha vantaxe competitiva derivada da aplicación de normas distintas, di Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Transportistas galegos critican a violencia que sofren en Francia

Moitos camioneiros, a maioría en tránsito a outros países europeos, están vivindo unha auténtica odisea. Parados en vías de servizo ou facendo quilómetros adicionais para esquivar os piquetes.

"Estou na Bretaña, que é un pouco máis complicado porque están cortadas non só as autoestradas, senón tamén as vías departamentais", cóntanos o camioneiro Ernesto Corrales.

O seu compañeiro Nuno Neves tamén se queixa.

"Aquí teño o meu camión frigo, co frigo arrancado cargado de luras conxeladas, ao lado da N-10. Estou aquí por medo a que me baleiren a mercadoría. Non se ve pasar nin un camión por unha estrada que normalmente atravesan miles de camións".

O Goberno español esíxelle ao francés que garanta a liberdade de tránsito dos camioneiros e responda antes ás sabotaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade