Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Cano non cre que o partido ante o Alcorcón sexa definitivo

Óscar Cano non cre que o partido ante o Alcorcón sexa definitivo

O encontro poderá seguirse en directo pola G2 ás 17:00 horas

Foto @RCDeportivo
G24.gal 13/01/2023 14:10 Última actualización 13/01/2023 14:14

A Primeira Federación chega ao ecuador da tempada 22/23 coa última xornada da primeira volta. O Deportivo ten un dos duelos máis importantes da tempada ante o Alcorcón, líder con catro puntos máis que os branquiazuis.

O cadro herculino tratará de sumar a cuarta vitoria consecutiva e seguir achegándose á cabeza. Para iso, Óscar Cano citou aos 20 futbolistas dispoñibles para o Alcorcón vs Deportivo. Ata tres baixas ten o técnico deportivista para este choque. Os laterais son as posicións máis tocadas agora mesmo, con Antoñito e Raúl Carneiro fóra de combate por senllas lesións musculares.

Ao longo da semana tamén se caeu Pablo Brea, que xa non viaxa habitualmente aos partidos fóra de casa. Rubén Díez, que estivo á marxe varios días por unha gastroenterite, finalmente recuperouse sen problemas.

"Non creo que nos xoguemos nada definitivo ningún dos dous"

"Esquecemos a un equipo que ten os mellores xogadores, que é o Real Madrid Castilla"

O encontro poderá seguirse en directo pola G2 ás 17:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos