Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Gilsanz dirixirá os adestramentos mentres non chegue o substituto de Idiakez

Óscar Gilsanz dirixirá os adestramentos mentres non chegue o substituto de Idiakez

O equipo volve ao traballo este mércores ás 11:00

G24.gal 29/10/2024 22:33

O Deportivo non acaba de pechar o substituto de Idiakez. Dese xeito, a decisión é subir o adestrador do Fabril, o betanceiro Óscar Gilsanz, para dirixir a sesión deste mércores. Ás 11:00 está prevista a práctica en Abegondo.

Nas últimas horas saíron á palestra moitos nomes: o de Valerón, o de Bruno Saltor... E este movemento podería adiar a decisión agardando por un adestrador que poida ser máis do agrado da dirección deportiva pero que non pode incorporarse ata dentro de dez ou quince días, como é o caso de Sergio González.

Haberá que estar atentos aos movementos na Praza de Pontevedra, porque o partido desta fin de semana contra o Cartaxena é moi importante e, de perdelo, o equipo situaríase nunha posición crítica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade