Cargando resultados...
Ourense acollerá un partido oficial da selección española de baloncesto
Ourense acollerá un partido oficial da selección española de baloncesto
O Paco Paz será o escenario do España-Eslovaquia, o vindeiro 25 de novembro
G24.gal
08/10/2024 21:16
Ourense é a cidade elixida pola Federación Española de Baloncesto para o vital España-Eslovaquia de clasificación para o Eurobasket. O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acollerá o luns 25 de novembro ás oito da tarde este transcendental encontro da selección española.
Será o segundo partido da ventá FIBA que se disputará no mes de novembro, o primeiro será en Bratislava. A selección volve a Ourense 16 anos despois tras xogar dous amigables no verán do 2008.